2 abr 2020

Conto do coronavirus

Un contiño que explica moi ben que é o coronavirus e como podemos vencelo.
Unha aperta moi grande para todos e todas, moito ánimo que pronto todo pasará e voltaremos a xuntarnos para rir e xogar.
Biquiños

8 nov 2016

EXPERIMENTAMOS CON PASTA DE CORES

Neste primeiro trimestre tivemos a oportunidade de experimentar con diversos materiais e texturas. Resultou unha actividade moi fructífera e motivadora para os nenos. Mirade que ben o pasamos!






 


4 jun 2016

Mes da familia na clase dos pitiños!

Este ano os nenos/as e nenas de ed.infantil convidamos as familias as nosas aulas para compartir unha experiencia con nós. Na nosa clase tivemos a sorte de contar con moitas das familias para convertirse en auténticos expertos de música, contos, manualidades, cociña, xardinería, teatro, viaxes... Aos peques encantoulles a experiencia e a profe só pode dicir...GRAZAS, por implicarvos deste xeito. E xa sabedes que tendes as nosas portas abertas para volver cando queirades! Aquí un pequeno resumo...

29 may 2016

olloboi 2016!

Onte o equipo de contos do cole xunto coa directora asisitimos a Gala da entrega de premios Olloboi 2016. "Milo" que tiña 4 nominacións e quedou finalista en dúas categorías, recibiu o galardón Olloboi online 2016. Os profes non podemos estar máis contentos e os nenos/as seguro que tampouco!! Grazas a todos/as os que dunha maneira ou outra contribuistes a facelo posible.

22 may 2016

Milo nominado no Olloboi!

Xa fai uns días que sairon as listaxes do Concurso escolar Olloboi e "Milo" ten 4 nominacións: Olloboi Online, Olloboi Dj, Olloboi Cómico e Olloboi Peleón.
 O sábado 28 iremos a Boiro á entrega de premios, pero aínda que non volvamos cun Olloboi, si que viremos con moita ledicia e ilusión por ter acadado por segundo ano consecutivo estar entre finalistas desta categoría.
Aconséllamosvos que entredes e vexades todas estas marabillas. Son dignas de admiración.
Grazas a todos os que puxestes un gran de area en todo este traballiño!! Grazas polos vosos votos para o Olloboi Online, grazas por crer en nós e sobre todo grazas por animarnos a seguir traballando nesta línea.
Estos días ocupamos algunha folliña na prensa aquí tedes as reportaxes
Agradecemos tamén a difusión nestes concurridos blogs:

O Venres pasado Milo foi recibido no centro...como se merecía!!
BRAVO POR MILO!! 


jackie, nova mascota

Jackie é unha pequena tartaruga que agora vive no nosO estanque xunto cos peixes vermellos.
Antes vivía na casa da profe Angélica, unha profe que estivo no cole fai un par de aniños, pero coMO Jackie creceu un montón e na súa casa xa non estaba cómoda...propúxonos que a trouxeramos para o cole....e por suposto nós...ENCANTADOS!!
Aquí os pitiños recibindo a Jackie como se merecía...